Temos que conseguir que máis persoas naveguen como galegos!
Oieu! Ver os menús do navegador en galego non implica que o navegador teña como preferido o idioma de Galicia.
Á parte da lingua en que vexas os menús do navegador, é moi importante a lingua que configures coma preferida no teu navegador.
Todos os navegadores web teñen unha lingua preferida e esa lingua do navegador dá a coñecer a preferencia de idioma nos sitios web. Acotío, os xestores dos sitios analizan as visitas que reciben, estudan as linguas en que navegan os usuarios e elaboran estimacións sobre os visitantes/falantes. Se unha parte considerable das visitas teñen a lingua galega coma preferida, poderían decidir a tradución do sitio á nosa lingua, mesmo outros produtos e servizos fóra da Internet. Pola contra, se as visitas con navegadores en galego non supón unha porcentaxe elevada, poden decidir deixar de ofrecer páxinas en lingua galega.
Deste xeito, o feito de que as grandes empresas teñan webs en galego para o mercado galegofalante tamén depende de que o galego sexa a lingua predefinida do teu navegador!
Poñeres o galego como preferido no navegador ten as seguintes vantaxes:

- Influirás para que se creen versións en galego das webs.
- Sairanche as webs multilingües no idioma do país.
- Potenciarás as buscas na Galipedia.
- Baixarás os programas multilingües en galego.
- E impulsarás o emprego na terra.
Se o galego é a túa lingua, fálao tamén na web!
Seguindo estas sinxelas instrucións, podes configurar o navegador en galego. Area a area, o planeta web terá en conta a opción lingüística de Galicia.
Se tamén queres que os menús do teu navegador estean en galego, descárgate:
Explorer (Windows)
Firefox (Windows, Mac e Linux)
Conqueror (Linux)